Blogia
dolores

As Tecnoloxías na Uni

Hoy he leído un artículo en la página de la universidad y he seleccionado aquellas expresiones que más me han llamado la atención:

Un informe da CRUE sinala a consideración estratéxica das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións como vía para o seu desenvolvemento nas universidades españolas

A Universidade, como motor do saber, está chamado a ser un dos axentes sociais pioneiros na correcta utilización das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, á vez que contribuirá ao seu avance.
O estudo reflicte, entre outros aspectos, unha análise dos recursos económicos, humanos e organizativos que as universidades dedican ás TIC. O 40 por cento das universidades dispoñen de comisións de coordinación en materia de TIC observándose unha falla de organización clara das funcións e a existencia de organigramas pouco adaptados ás necesidades actuais. A estes datos hai que engadir a inexistencia casi xeralizada de regulamentos específicos en aspectos tales como o uso do e-learning, os plans de continxencias ou o uso de equipos e servizos, por citar algúns exemplos.

A dotación de equipamentos dispoñibles por alumno é outro dos asuntos recollidos no informe, segundo o que na actualidade as universidades dispoñen de media dun ordenador en aulas de informática por cada vinte alumnos.

O informe ten como obxectivo presentar algúns indicadores referidos ao uso das TIC nas diferentes actividades universitarias ofrecendo unha idea xeral do grao de desenvolvemento das universidades españolas neste ámbito. Así, no documento apúntase que “as TIC non son un fin en si mesmo, senón un medio que contribúe á ‘creación de valor’ e ao avance na Sociedade da Información”. Sinálase ademais a necesidade de que “os responsables da xestión universitaria tomen conciencia da importancia do uso axeitado das TIC nos labores diarios de investigación, formación e xestión”.

Para os encargados do informe o retraso na incorporación das TIC pode ter unhas consecuencias “particularmente dramáticas para as universidades españolas”. No informe realízase esta afirmación argumentando que “en calquera mercado se sabe que actuar primeiro aporta importantes vantaxes competitivas”. Neste senso o documento sinala ás universidades americanas, australianas ou británicas como as institucións educativas máis avanzadas neste eido. “Pode chegar un momento en que dirixan a súa oferta virtual aos alumnos de fala hispana, un ‘nicho’ onde España, a prior, posuiría certa vantaxe competitiva”, recolle o informe.

As universidades adoptan en xeral unha actitude comprometida coa introdución e uso das TIC, “aínda que con frecuencia máis reactiva que proactiva e máis improvisada que planificada”. Segundo as recomendacións apuntadas polo informe “a extensión do uso das TIC require unha planificación bastante detallada que debería iniciarse dende un plano estratéxico e traducirse, posteriormente, a un plano táctico”.

O desenvolvemento das TIC nos termos expostos requiere, en opinión dos responsables do informe, da consideración das tecnoloxías da información e das comunicacións como un instrumento básico para as institucións académicas, “o que debe levalas a un nivel xerárquico suficiente e a un encaixe organizativo axeitado na estrutura universitaria”.

Respecto do público potencial das TIC, tradicionalmente se dirixiron aos alumnos de grao e posgrao, non obstante, as novas tencoloxías “brindan unha oportunidade irrepetible para aproximarse a outros usuarios menos convencionais como alumnos a tempo parcial, alumnos que accedan á formación dende os seus fogares, ou traballadores que desexen recibir formación continua dende os seus postos, entre outros”.

O documento apunta que “a sociedade atópase ante ferramentas cuxas capacidades se intúen, pero aínda se descoñecen en toda a súa plenitude” e continúa afirmando que “en calquera caso se trata dun proceso imparable”.

0 comentarios